Saturday 18 de May de 2024

O goberno de Ribeira anuncia unhas recomendacións se comeza a folga de lixo


Ante a convocatoria de folga efectuada para o próximo día 20 de xullo polos representantes dos traballadores da empresa URBASER S.A., actual concesionaria do servizo público de recollida do lixo, o Concello de Ribeira solicita a colaboración da veciñanza, atendendo ás seguintes RECOMENDACIÓNS:

  1. Toda a veciñanza debe reducir a produción de lixo o máximo posible.
  2.  Non debemos sacar as bolsas de lixo á rúa ata o día establecido nos servizos mínimos, pois ata entón non se van recoller os colectores. Así mesmo, evitarase o depósito de mobles e trebellos na rúa.
  3.  Os restos de comida, especialmente de peixe e semellantes, deben introducirse en dobre bolsa, asegurar a súa hermeticidade e mantelos nun lugar fresco, a poder ser refrixerado, ata o día establecido para a recollida a fin de evitar molestias.
  4.  Non debemos utilizar os colectores fóra dos días establecidos como servizos mínimos salvo en casos de extrema necesidade (saída de viaxe, imposibilidade material de manter as bolsas no domicilio, etc.).
  5.  Durante a folga prestaranse exclusivamente os servizos mínimos seguintes:

Carga lateral:

 

Zona Ribeira: Recollida luns, mércores, venres e sábado priorizando os lugares onde se celebren festas, en horario diúrno.

Zona Aguiño, Castiñeiras, Carreira e adxacentes: Recollida luns e venres, priorizando os lugares onde se celebren festas, en horario diúrno.

Zona Palmeira, Oleiros, Bretal e adxacentes: Recollida mércores e sábado, priorizando os lugares onde se celebren festas, en horario diúrno.

Zona Corrubedo, Artes, Sirves, Olveira e adxacentes: Recollida martes e venres, priorizando os lugares onde se celebren festas, en horario diúrno.

 

Carga traseira:

 

Zona Ribeira: Recollida luns, mércores, venres e sábado, priorizando os lugares onde se celebren festas, en horario diúrno.

Zona Aguiño, Castiñeiras, Carreira e adxacentes: Recollida luns e xoves, priorizando os lugares onde se celebren festas, en horario diúrno.

Zona Palmeira, Oleiros, Bretal e adxacentes: Recollida martes e venres, priorizando os lugares onde se celebren festas, en horario diúrno.

Zona Corrubedo, Artes, Sirves, Olveira e adxacentes: Recollida mércores e sábado, priorizando os lugares onde se celebren festas, en horario diúrno.

En todos os casos deberá priorizarse a recollida en: Hospital da Barbanza, centros de saúde, centros sanitarios privados, escolas infantís, colexios e centros da terceira idade, centros de diversidade funcional, mercados, supermercados, zonas de ocio e de concentración de bares e restaurantes. Os días establecidos, por semana, son os mínimos necesarios para garantir a saúde da poboación especialmente vulnerable: nenos, anciáns enfermos ou persoas asistidas.

  1. Pola Alcaldía informarase puntualmente, a través de bandos, das novas que se vaian producindo. Aínda así, para calquera información ou emerxencia relacionada con este servizo poderanse utilizar os seguintes teléfonos:

    Empresa concesionaria do servizo  900 104 883
Concello de Ribeira   981 835 417


Ante a falta de prestación deste servizo básico, esencial para todos os veciños, ao exercer os traballadores de URBASER, S.A. o seu lexítimo dereito de folga, só coa colaboración de todos será posible manter unhas condicións mínimas de salubridade.